Xeografía de Galicia

  1. Piñeira Mantiñán, María José coord.
  2. Santos Solla, José Manuel coord.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

ISBN: 978-84-9914-306-4

Ano de publicación: 2011

Tipo: Libro

Resumo

Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análise territorial, partindo dun enfoque integral no que se investiga a complexa realidade que caracteriza as sociedades actuais cunha óptica xeográfica. Nesta obra abórdanse cuestións clásicas como as que fan referencia aos sectores da pesca, da agricultura, da poboación ou do comercio... pero tamén, cun punto de vista adaptado para entender os procesos globais que definen hoxe os lugares, outros aspectos como a multiplicación de centros comerciais, a nova concepción dos espazos urbanos, o tránsito desde a emigración á inmigración, ou as significativas transformacións do sector primario. Con esta nova Xeografía de Galicia realízase unha achega que actualiza a análise territorial no noso país, incorporando temas novidosos que, malia formaren parte do universo xeográfico, non sempre ocuparon o seu centro: o medio ambiente, o turismo, as relacións internacionais; ou aspectos tan relevantes da cultura como a lingua.Xeografía de Galicia foi elaborada por un amplo equipo de profesionais vencellados aos estudos xeográficos e á Universidade de Santiago. Forman parte dunha xeración que está a asistir a profundas transformacións sociais, culturais, ambientais e económicas de carácter global, mais que teñen unhas evidentes implicacións territoriais de tipo local. Se non se entenden unhas e outras, a nosa capacidade de supervivencia será moito máis complicada.