Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüísticaanálise crítica do discurso nun centro de ensino secundario dunha vila galega
- Rodríguez Carnota, Miguel
- Renée DePalma Doktorvater/Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 09 von Dezember von 2020
- Narciso de Gabriel Fernández Präsident/in
- Luz Zas Varela Sekretärin
- Ana Iglesias Álvarez Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
Ao longo das últimas décadas o descenso do número de falantes do idioma galego foi especialmente acusado nos sectores de idade correspondentes á infancia e á mocidade. Ante este desalentador panorama, corenta anos despois da incorporación parcial do idioma galego ao sistema educativo, é hora de analizar en profundidade cal é o papel real que os centros educativos xogan na preservación, na continuidade histórica e na promoción do uso da lingua propia do país como vehículo normal de comunicación. Tamén é preciso detectar se, como parece, moitas das situacións que dentro dos centros educativos se producen por volta do conflito lingüístico galego provocan relacións de desigualdade por razón de lingua entre o alumnado. Xunto coa observación participante exercida polo investigador durante un longo período de tempo, este estudo de caso recolle o testemuño de dez persoas informantes de ambos os sexos, galegofalantes efectivas ou con vontade de selo, ex-alumnas e ex-alumnos dun centro público de educación secundaria dunha vila galega durante a pasada década. Estes testemuños servirán de base para unha análise en profundidade que nos achegue unha luz sobre as anteriores cuestións. Palabras-chave: lingua galega, sistema educativo, conflito lingüístico, análise do discurso, encubrimento, acoso escolar.