Innovacións léxicas no campo das novas tecnoloxías e das redes sociaisalternativas para o galego
- Zeltia Blanco Suárez
- Inés Veiga Mateos 1
- 1 Centro Ramón Piñeiro
ISSN: 1130-5924
Ano de publicación: 2018
Número: 36
Páxinas: 111-151
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de lingua
Resumo
Os campos da informática e das novas tecnoloxías experimentaron importantes avances nas últimas décadas e mesmo revolucionaron as nosas formas de comunicación. Todo isto trouxo consigo, como xa ten acontecido noutros ámbitos, unha inxente cantidade de anglicismos, aos que na maior parte das veces resulta case imposible facerlles fronte con éxito. Este artigo ofrece unha revisión dalgúns dos neoloxismos máis recentes nas áreas das novas tecnoloxías e das redes sociais, analiza a súa orixe e uso na lingua galega e propón denominacións propias alternativas.