O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII)
- Lixó Gómez, Carlos
- Ermelindo Portela Silva Director
- José Miguel Andrade Cernadas Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 03 de xullo de 2020
- Simon R. Doubleday Presidente/a
- Israel Sanmartín Barros Secretario
- Francisco Javier Pérez Rodríguez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta disertación de doutoramento interrógase sobre as orixes dos castelos en Galiza. Aínda que utilizando metodoloxías e recursos diversos, o cerne da pesquisa baséase no estudo dos diplomas conservados nos tombos de Celanova, Samos, Sobrado e o Tombo A da catedral de Santiago de Compostela, a través dos que se enfrontan fundamentalmente dúas cuestións. A primeira é a análise das funcións dos castros antigos na sociedade altomedieval e a súa posíbel relación cos novos modelos de fortificación, deitando luz na aparente indefinición que a terminoloxía castral da documentación galega da altura presenta. A segunda, focada xa nos castelos medievais en si propios, consiste na procura de resposta para as seguintes preguntas: cando xurdiron, para que foron construídos e de quen dependían neses primeiros momentos.