O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios

  1. Núñez Seixas, Xosé M. ed. lit.
  2. Cagiao Vila, Pilar ed. lit.

Editorial: Edicións do Castro

ISBN: 978-84-8485-234-6

Año de publicación: 2006

Tipo: Libro

Resumen

Recóllese neste volume unha ampla escolma dos relatorios e comunicacións presentados ao congreso internacional O exilio galego, que organizado polo Consello da Cultura Galega tivo lugar en Santiago de Compostela nos finais do mes de setembro do 2001. Aquela celebración tivera como obxectivo contribuír a mellorar o coñecemento dun fenómeno esquecido durante décadas, fundamental para a historia contemporánea de España e de Galicia en particular. Nese senso, ao convocar o Congreso quíxose tamén contribuír a saldar parte da inmensa débeda que tiñamos contraída co exilio. A enorme cantidade de comunicacións e relatorios alí expostos estivo ademais acompañada dun repertorio biobibliográfico dos exilados galegos, co obxectivo de recoller a meirande cantidade posíbel de perfís prosopográficos correspondentes ao exilio galego de 1936-39, elaborado polo Arquivo da Emigración Galega, sección do propio Consello da Cultura Galega, que foi presentado ao público durante as xornadas do congreso. Existe tamén un CD que contén as Actas completas presntadas do Congreso (ISBN 84-96530-29-9)