Análisis del desarrollo profesional del docente universitario de Ciencias de la Salud a través de las Ecologías de Aprendizaje
- Mercedes González Sanmamed Co-director
- Antonio Valle Arias Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 29 de abril de 2020
- José Carlos Núñez Pérez Presidente/a
- Oswaldo Lorenzo Quiles Secretario/a
- Maria Asssunçao Flores Fernandes Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Na presente investigación abordamos o estudo do desenvolvemento profesional do profesor universitario de Ciencias da Saúde mediante o prisma das Ecoloxías de Aprendizaxe. Preténdese entender os complexos e plurais procesos de aprendizaxe e actualización profesional do profesorado universitario na Era Dixital. Para este fin, a investigación enmarcouse nun deseño mixto secuencial-exploratorio. En primeiro lugar, implementouse unha fase baseada na tradición de investigación Estudo de Caso, co propósito de dimensionar, estruturar e definir as Ecoloxías de Aprendizaxe dos cinco mellores profesores do campo das Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Para a recollida de información, realizáronse tres entrevistas con cada un dos cinco profesores. A continuación, optouse por un enfoque cuantitativo, descritivo-correlacional para implementar a segunda fase do estudo. Deste xeito, aplicouse un cuestionario a 416 profesores universitarios do sector sanitario no contexto nacional. Os resultados retratan, de forma xeral, un profesor universitario alta e intrínsecamente motivado, activo e participativo. Os resultados tamén reclaman unha mellora na integración e uso dos recursos dixitais nos procesos de aprendizaxe e actualización profesional; e unha reconsideración da formación formal que ofrecen as institucións de Educación Superior