Información para unha proposta de declaración da Terra Chá (Lugo) como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)
- Rivas, Oscar
- Villares, Eva
- Castro, Augusto de
- Otero, José
ISSN: 1889-3775
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: Actas do VI Congreso Galego de Ornitoloxía e V Xornadas Ornitolóxicas Cantábricas
Volume: 4
Número: 2
Páxinas: 131-141
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía
Resumo
Neste traballo recompílase información sobre as especies de maior interese conservacionista existentes na Terra Chá (Lugo). O seu grao de ameaza e de escaseza en Galicia xustifican a declaración da comarca como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). As especies máis salientables son o abetouro "Botaurus stellaris", a cegoña branca "Ciconia ciconia", o millafre negro "Milvus migrans", a tartaraña cincenta "Circus pygargus", o sisón "Tetrax tetrax", o alcaraván "Burhinus oedicnemus", a avefría "Vanellus vanellus" e o mazarico real "Numenius arquata". Faise unha aproximación preliminar á delimitación dos sectores máis importantes para as aves na zona e danse algunhas recomendacións de cara a súa conservación.