O Acordo Marco da ALBA para o Sistema Único de Compensación Rexional de Pagos (SUCRE)algunhas consideracións
ISSN: 1579-6582
Year of publication: 2009
Issue: 19
Pages: 75-88
Type: Article
More publications in: Tempo exterior
Abstract
A actual crise dentro do modelo capitalista neoliberal, que evidencia igualmente a debilidade financeira do dólar e os esforzos por substituílo como moeda de referencia nos mercados internacionais, son factores que permiten o ascenso de alternativas independentes cara os modelos económicos ata agora hexemónicos. Xurde así, no marco da plataforma de integración da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA), actualmente denominada Alianza, o Sistema Único de Compensación Rexional de Pagos, SUCRE, como unha importante peza no deseño dunha nova arquitectura financeira rexional, dotada de tres alicerces: un banco de desenvolvemento rexional (Banco Sur); un fondo de reservas internacionais común para a rexión; e unha coordinación monetaria, con mecanismos de compensación recíproca.