Vicente Viqueira López (1886-1924), un institucionista galego. Vínculos coa ILE e anos de formación

  1. Porto Ucha, Anxo Serafín 2
  2. Vázquez Ramil, Raquel 1
  1. 1 Universidad de Valladolid
    info

    Universidad de Valladolid

    Valladolid, España

    ROR https://ror.org/01fvbaw18

  2. 2 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Cómaros: revista interdisciplinar de pensamento galego

ISSN: 2529-9034

Ano de publicación: 2018

Volume: 3

Número: 1-2

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cómaros: revista interdisciplinar de pensamento galego

Resumo

Neste artigo imos aproximarnos á figura de Vicente Viqueira López,  o máis grande representante dos vínculos de Galiza coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) (Porto, 1986, 2005; Vázquez, 2012). Centramos o traballo na dimensión institucionista de Viqueira, a partir dos lazos familiares, do nacemento e da educación nos primeiros anos, dos seus contactos coa ILE e a formación en Europa a través da JAE (Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas).Aínda que non se pode obviar a referencia ás dimensións psicolóxica, filosófica, pedagóxica ou política do autor, xa abordadas anteriormente por outros investigadores (Torres, 1987; Regueira, 1992; Costa, 1996), así como a súa identificación lingüística e cultural co veciño Portugal, imos ocuparnos dos anos de formación de Viqueira, afín ao maxisterio de Francisco Giner de los Ríos.Dende o punto de vista documental, ademais do Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), das Memorias da JAE e do Arquivo da Idade de Prata, consultamos o Fondo Giner de los Ríos na Biblioteca da Real Academia da Historia (B.R.A.H., Madrid), principalmente da correspondencia. Fundamental é tamén a documentación depositada na Fundación Penzol de Vigo e na Real Academia Galega da Coruña.