Educación, emprego e poboación de Galicia
- Díaz Vázquez, Pilar (coord.)
- Fernández González, Angel Ignacio (coord.)
- Rodríguez González, Xosé Antón (coord.)
ISSN: 1132-2799
Year of publication: 2000
Issue Title: A economía galega ante o século XXI
Volume: 9
Issue: 1
Pages: 153-166
Type: Article
More publications in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Abstract
Neste traballo destácase o déficit educativo como o factor máis decisivo na explicación das dificultades de converxencia real coa media europea en PIB por habitante e en taxas de emprego non-agrario, tanto no caso de Galicia como no de España ó longo dos dous primeiros tercios do século XX. A mellora educativa que ámbalas dúas experimentaron no último tercio do século contribuíu a mellora-lo proceso de converxencia coa UE, aínda que son moitas as medidas que cómpre adoptar para impulsa-los recursos económicos e organizativos da educación ata os niveis dos países máis avanzados. Ademais, analízanse importantes relacións existentes entre evolución económica e crecemento demográfico, de forma que o estancamento demográfico de Galicia é máis consecuencia da necesidade de adapta-lo seu peso poboacional no conxunto de España ó seu peso productivo e laboral do que un problema derivado da diminución das taxas de natalidade. Explícanse algúns factores que influíron na evolución demográfica recente e insístese na necesidade de impulsa-la educación, o investimento industrial e maila investigación en Galicia para conseguir unha dinamización económica que permita aumenta-lo seu peso relativo en España. A insistencia na necesidade do incremento do capital humano e do capital social abórdase dende a perspectiva dos expertos internacionais en economía da educación e, polo tanto, foxe das tendencias actuais da política investigadora en España, que dedica os seus maiores apoios ó investimento en tecnoloxía, xa que a experiencia histórica e a análise das relacións económicas reais nos indican que a tecnoloxía só é unha parte do progreso e que a calidade da investigación noutros campos, tanto de humanidades como de ciencias socioeconómicas e outras materias, é de gran relevancia para o progreso.