Proxeccións futuras de eventos extremos de temperatura e vagas de calor nas principais cidades galegas

  1. H. Carballo Seara 1
  2. X.Costoya 2
  3. M. de Castro 1
  1. 1 EPhysLab, Campus As Lagoas s/n, Ourense, Universidade de Vigo
  2. 2 Grupo de Física Non Lineal, Universidade de Santiago de Compostela. Instituto CRETUS.
Revista:
Avances en ciencias de la tierra

ISSN: 2172-9328

Ano de publicación: 2020

Número: 9

Páxinas: 49-66

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Avances en ciencias de la tierra

Resumo

O presente estudo analiza as variacións futuras na temperatura máxima nas 7 principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. Con este obxectivo, empregáronse datos de temperatura máxima de 12 modelos climáticos rexionais do proxecto CORDEX (escenario RCP8.5). Dada a súa importancia, tamén se analizaron as tendencias no número de días con temperatura extrema (temperatura por encima do percentil 95) e nas olas de calor (sucesión de 3 días con temperatura extrema). A tendencia da temperatura máxima é claramente ascendente ó longo do S. XXI (2006- 2099) nas 7 cidades. Destacan cidades coma Ourense ou Santiago, que presentan un aumento aproximado de 0,7 ºC por década. Pola contra, as cidades de A Coruña e Ferrol serán as que menos sufran dito aumento, con valores por baixo dos 0.5 ºC por década. En canto o número de días con temperatura extrema no futuro, unha vez máis destaca a cidade ourensá, dentro dunha liña de tendencia que de novo volve a ser crecente en tódalas cidades. Desta quenda, a cidade de Vigo será a que acompañe a Ourense no pico de cidades máis afectadas por eventos extremos futuros, presentando as dúas cidades uns valores aproximados de cara a finais de século de 4,14 días e 3,58 días por década, respectivamente. Pola contra, Ferrol, Santiago e Lugo, presentan valores por baixo dos 3 días por década. Por último, analizouse o fenómeno das vagas de calor, as cales se manteñen en sintonía cos fenómenos previamente citados, mostrando unha tendencia crecente ao longo de todo o período de estudo. Son as cidades do sur da Comunidade (Ourense, Vigo e Pontevedra) onde se agarda un maior incremento na frecuencia destes eventos.

Referencias bibliográficas

  • DeCastro, M., Gomez-Gesteira, M., Ramos, A. M., Alvarez, I., & DeCastro, P. (2011). Effects of heat waves on human mortality, Galicia, Spain. Climate Research, 48 (2-3), 333-341.
  • Hay, J.E., Easterling, D., Ebi, K.L., Kitoh, A., & Parry, M. (2016). Introduction to the special issue: Observed and projected changes in weather and climate extremes. Weather and Climate Extremes 11, 1- 3.
  • Hoeppe, P. (2016). Trends in weather related disasters - Consequences for insurers and society. Weather and Climate Extremes 11, 70-79.
  • IPCC, (2013). Cambio climático 2013: Bases físicas. Contribución del grupo de trabajo I al Quinto Informe de Evaluación del Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático. TF Stocker, D. Qin, G-K. Plattner, MMB. Tignor, SK. Allen, J.Boschung, A. Nauels, Y.Xla, V. & Bex, PM. Midgley, (eds.), Cambridgey University Press
  • Jacob, D., Petersen, J., Eggert, B., Alias, A., Christensen, O. B., Bouwer, L. M., ... & Georgopoulou, E. (2014). EURO-CORDEX: new highresolution climate change projections for European impact research. Regional environmental change, 14(2), 563-578
  • Karl, T.R., & Easterling, D.R. (1999). Climate Extremes: Selected review and future research directions. Climate Change 42:309. doi:10.1023/A:1005436904097.
  • Moss, R., Babiker, W., Brinkman, S., Calvo, E., Carter, T., Edmonds, J., ... & Jones, R. N. (2008). Towards new scenarios for the analysis of emissions: Climate change, impacts and response strategies.
  • Schoof, J.T., & Robeson, S.M. (2016). Projecting changes in regional temperatura and precipitation extremes in the United States. Weather and Climate Extremes, 11, 28-40.
  • Sillmann, J., & Roeckner, E. (2008). Indices for extreme events in projections of anthropogenic climate change. Climatic Change, 86(1-2), 83-104.
  • Wehner, M. (2013). Methods of projecting future changes in extremes. In Extremes in a Changing Climate (pp. 223-237). Springer, Dordrecht.
  • Xunta de Galicia (2016). Informe de cambio climático de Galicia (2012- 2015). Elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. URL: https://cambioclimatico.xunta.gal/c/d ocument_library/get_file?file_path=/portal-cambioclimatico/Documentos_xeral/INFOR MECC2.pdf