Cine e perspectiva de xénero en física e matemáticas
- Calvo Iglesias, Encina 1
- Verdejo Rodríguez, Amelia 2
- 1 Universidade de Santiago de Compostela Departamento de Física
- 2 Universidade de Vigo Departamento de Matemáticas
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Editorial: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Ano de publicación: 2019
Páxinas: 209-218
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Nos últimos anos o cine empregouse como recurso didáctico na ensinanza universitaria en materias de distintas disciplinas, dende o Dereito a Bioloxía. Nesta comunicación facemos unha revisión do emprego do cine con fins didácticos e propoñemos unha selección de películas que poden ser utilizadas para introducir a perspectiva de xénero en física ou matemáticas, amosando as contribucións científicas das mulleres e os estereotipos sexistas que aínda persisten na nosa sociedade, ademais de motivar ó alumnado na aprendizaxe destas materias. Os bos resultados obtidos en experiencias realizadas nas materias de Física do Grao en Enxeñería Química e Matemáticas do Grao en Comercio, e o crecente protagonismo das científicas nas últimas estreas cinematográficas anímannos a seguir traballando nesta liña.