Avaliación subxectiva de palabras emocionaisresultados dun estudo exploratorio sobre os efectos da identidade de xénero e o xénero gramatical das palabras, ou que desacouga máis a homes e mulleres, “violento” ou “violenta”?
- Fraga Carou, Isabel 1
- Rodríguez Beltrán, Paula 2
- Padrón Rodríguez, Isabel 1
- 1 Universidade de Santiago de Compostela Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
-
2
Universidade de Santiago de Compostela
info
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Year of publication: 2019
Pages: 179-188
Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
Os cambios sociais reflíctense na linguaxe; en consecuencia, estudar a lingua serve de estratexia para a comprensión da conduta social. O auxe dos movementos feministas en España, a visibilidade das mulleres en ámbitos novos e a posibilidade de criar unha linguaxe inclusiva están xerando aplausos, rexeitamentos e novas cuestións. Xorde pois a necesidade de estudar o uso da linguaxe desde unha perspectiva científica e de xénero. Neste contexto nace esta investigación exploratoria, co obxectivo de analizar unha posible interacción entre a identidade de xénero (home, muller, outro), as palabras emocionais (negativas, neutras e positivas) e o xénero gramatical (masculino e feminino). Así, analizamos se a avaliación subxectiva de palabras con distinta carga emocional se ve afectada non só por factores do individuo se non tamén por un factor estritamente lingüístico e pola posible relación entre ambos. Os resultados confirman que as mulleres tenden a avaliar as palabras negativas como máis desagradables que os homes. Ademais, por primeira vez atopamos un nesgo de congruencia da identidade de xénero co xénero gramatical, de maneira que as mulleres presentan unha tendencia a avaliar adxectivos negativos que designan atributos humanos en feminino como máis activadores que si están en masculino, amosando os homes o patrón inverso.Os cambios sociais reflíctense na linguaxe; en consecuencia, estudar a lingua serve de estratexia para a comprensión da conduta social. O auxe dos movementos feministas en España, a visibilidade das mulleres en ámbitos novos e a posibilidade de criar unha linguaxe inclusiva están xerando aplausos, rexeitamentos e novas cuestións. Xorde pois a necesidade de estudar o uso da linguaxe desde unha perspectiva científica e de xénero. Neste contexto nace esta investigación exploratoria, co obxectivo de analizar unha posible interacción entre a identidade de xénero (home, muller, outro), as palabras emocionais (negativas, neutras e positivas) e o xénero gramatical (masculino e feminino). Así, analizamos se a avaliación subxectiva de palabras con distinta carga emocional se ve afectada non só por factores do individuo se non tamén por un factor estritamente lingüístico e pola posible relación entre ambos. Os resultados confirman que as mulleres tenden a avaliar as palabras negativas como máis desagradables que os homes. Ademais, por primeira vez atopamos un nesgo de congruencia da identidade de xénero co xénero gramatical, de maneira que as mulleres presentan unha tendencia a avaliar adxectivos negativos que designan atributos humanos en feminino como máis activadores que si están en masculino, amosando os homes o patrón inverso.