Analysis of capsinoids in Galician pepper cultivars and characterization of their properties for plant protection

  1. García Lamas, Tania
Dirixida por:
  1. José Díaz Varela Co-director
  2. Javier Veloso Freire Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. Antonio Molina Fernández Presidente/a
  2. Ángeles Bernal Secretario/a
  3. Jagna Chmielowska-Bak Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 575637 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Analizouse o contido en capsicinoides e capsinoides en varios cultivares de pemento de Galicia. Non se detectaron capsinoides, pero se mediron capsicina e dihidrocapsicina nos cultivares Padrón e Mougán. Ensaiouse a actividade antimicrobiana dun capsinoide (o vanillil nonanoato) e dos seus precursores; o capsinoide inhibiu a xerminación de esporas de Phytophthora capsici. Por outra banda, demostrouse que o vanillil nonanoato ten a capacidade de conferir protección local en pemento fronte a Botrytis cinerea e Phytophthora capsici, obtendo evidencias de que o seu modo de acción é a resistencia inducida. Tamén se demostrou a sistemicidade da resistencia inducida por este composto, tanto en plantas de pemento como en Arabidopsis. A resistencia inducida observada implica o reforzamento da parede celular con lignina e o incremento de varias defensas de tipo bioquímico como as proteínas PR en ambas especies. A sinalización da resposta sistémica ao vanillil nonanoato está mediada por peróxido de hidróxeno, ácido salicílico, etileno e xasmonatos no caso do pemento e ácido salicílico e xasmonatos no caso de Arabidopsis. Así mesmo, detectáronse cambios nos niveles de ácido 4- hidroxibenzoico en pemento e se discutiu o seu papel na resistencia.