Os bancos do tempo en españaun estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social

  1. Maroñas Bermúdez, Andrea
Dirixida por:
  1. Rita Gradaílle Pernas Director
  2. José Antonio Caride Gómez Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 29 de xullo de 2019

Tribunal:
  1. Ana Ponce de León Elizondo Presidente/a
  2. Pablo Ángel Meira Cartea Secretario
  3. Anna Maria Novella Càmara Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 594815 DIALNET

Resumo

No contexto da sociedade apresurada, a organización social dos tempos converteuse nunha ferramenta de poder que coloca á actividade produtiva como prioridade para organizar os ritmos cotiás. En concreto, o individualismo e a competitividade derivaron nunha negativa aceleración nos ritmos de vida cotiá que afecta especialmente aos contornos urbanos; uns factores que sitúa á recuperación das redes sociais de apoio mutuo como un desafío central da acción comunitaria. Nesta liña, os Bancos do Tempo (BdT) baséanse nun sistema de intercambio de servizos onde a unidade de permuta é o tempo, contribuíndo así á recuperación de redes locais que –en planos de igualdade– favorecen a autoestima e a cohesión social. Non obstante, a variedade de tipoloxías, finalidades e modelos de xestión, xunto a un escaso percorrido no eido científico-académico, fai que o coñecemento dos BdT no contexto español sexa superficial e pouco sistematizado. O obxectivo desta investigación céntrase en estudar as posibilidades e os límites dos BdT como ferramentas para o empoderamento na esfera individual, organizacional e comunitaria desde o prisma analítico da Pedagoxía-Educación Social. A tal fin, desenvolveuse unha metodoloxía mixta que contempla, dunha banda, unha enquisa que permitiu realizar un censo dos BdT españois, así como debuxar unha panorámica xeral sobre o seu funcionamento; e, doutra banda, un estudo de caso múltiple integrado por seis BdT de diferentes puntos do territorio, a fin de afondar nas dinámicas organizativas e participativas que se establecen a nivel interno e coas comunidades onde se insiren. Os resultados reflicten beneficios estimables como a mellora da autoestima e a ampliación da rede social das persoas implicadas; non obstante, tamén se observa unha actividade dos BdT excesivamente voluntarista e interna; de aí que as propostas de mellora se orienten a impulsar diferentes estratexias innovadoras que favorezan a súa profesionalización e incidencia no ámbito local.