Relación enfermera paciente-familia en cuidados paliativos
- Fernández Fraga, Inés
- Inmaculada Gómez Besteiro Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 06 de setembro de 2017
- Juan Suárez Quintanilla Presidente
- Carmen Coronado Secretario/a
- María del Pilar Marqués Sánchez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivo Coñecer a relación vivenciada polos profesionais enfermeiros/as no coidado aos pacientes en estado paliativo. Metodoloxía Estudo cualitativo descritivo mediante etnografía enfocada. Participantes: enfermeiras e enfermeiros das unidades de coidados paliativos. Realizouse en dúas unidades de coidados paliativos, unha hospitalaria e outra domiciliaria nos anos 2004 e en 2016, respectivamente. As técnicas de recolleita de datos foron a observación participante e a entrevista en profundidade. A técnica de análise utilizada foi a análise de discurso, nela participaron dous investigadores. A reconstrución do fenómeno obxecto de estudo xurdiu das categorías e subcategorías. Resultados No estudo do ano 2004 identificáronse 5 categorías centrais: Consciencia da morte nos profesionais de enfermería, Relacións diferentes co paciente-familia, Os profesionais de enfermería no equipo, Consecuencias persoais da vida laboral e Competencia profesional das/os enfermeiras/os para o coidado paliativo. No estudo do ano 2016 identificáronse 3 categorías centrais: Acompañar ao paciente-familia, Consecuencias persoais da vida laboral e Competencia profesional das/os enfermeiras/os para o coidado paliativo. Conclusións A consciencia da morte e o autocontrol emocional é unha calidade necesaria para un coidado holístico do paciente e a familia. Dous enfoques moi distintos de coidado ao paciente paliativo: un técnico-paternalista e outro holístico desde a igualdade e sinceridade. O coidado con enfoque paliativo produce satisfacción ao paciente e familia e aos profesionais.