Terra e Memoria un arquivo aberto para o século XXI
- Fernández Prieto, Lorenzo 1
- Quiroga, Fran 1
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1137-9669, 2255-5978
Ano de publicación: 2019
Título do exemplar: Géneros y violencia, pasado y presente: una mirada desde América Latina
Número: 31
Páxinas: 343-346
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Semata: Ciencias sociais e humanidades
Resumo
Terra e Memoria é o portal web no que o Departamento de Historia da USC pon na rede os seus fondos de memoria oral. Os grupos de investigación HISTAGRA, HistAMÉRICA e HISPONA poñen en común preto de 2.000 entrevistas que fan parte dos fondos do proxecto Nomes e Voces e da iniciativa Historia Oral de Galicia. Represión, emigración, vida cotiá, lembranzas de feitos históricos e todo tipo de narracións atópanse neste conxunto.Por mor da Lei Orgánica de Protección de Datos e polas diferentes condicións dos informantes, o novo portal establece diferentes niveis de acceso. Deste xeito, hai acceso libre ás fichas de 2.162 entrevistas, mentres o rexistro aberto no web facilita acceso a 70 fragmentos de audio e un aceso específico para investigadores achega aos interesados a totalidade dos fondos dispoñibles. O proxecto, que recolle trinta anos de traballo dos grupos participantes, está aberto a novas achegas por parte do público