Recintos Fortificados en Altura na costa atlántica galega.estudo Arqueolóxico

  1. Fernández Pereiro, Mario
Supervised by:
  1. José Miguel Andrade Cernadas Director
  2. José Carlos Sánchez Pardo Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 12 April 2019

Committee:
  1. José Avelino Gutiérrez González Chair
  2. Rebeca Blanco Rotea Secretary
  3. Luis Fernando de Oliveira Fontes Committee member
Department:
  1. Department of History

Type: Thesis

Abstract

Na costa atlántica da Galiza, no noroeste da Península Ibérica, existe unha concentración de xacementos fortificados con características similares entre eles, que non poden ser clasificados nin coma castros, entendidos estes como poboados da Idade do Ferro, nin coma castelos da Plena ou Baixa Idade Media, e que habitualmente foron datados entre os séc. V-X e.c. Estes xacementos apenas coñecen estudos arqueolóxicos en profundidade, polo tanto, os datos existentes sobre eles son parciais ou nulos. O presente estudo escolle unha pequena mostra destes xacementos para tentar clarificar datos até o de agora descoñecidos, como as súas cronoloxía de ocupación e a súa funcionalidade ou o seu contexto social. Este achegamento, ao contrario que os anteriores, basease nunha metodoloxía principalmente arqueolóxica, sendo empregadas técnicas de teledetección, prospección en campo, estudo de materiais i escavación arqueolóxica. En base a estas técnicas, foi posíbel analizar cada asentamento dende un punto de vista da Arqueoloxía da Arquitectura coma dende a Arqueoloxía da Paisaxe. Os resultados desta investigación permiten identificar esta tipoloxía de asentamentos fortificados e acoutar os seus momentos de ocupación, para o noroeste peninsular, nos séc. V e VIII-IX e.c., relacionándoos cos momentos de transición existentes entre a desaparición dunha estrutura de poder estatal previa e a configuración e consolidación da seguinte.