Intervención conductural en la vejiga hiperactiva y su impacto en la calidad de vida

  1. Muñoz Galán, Natalia
Dirixida por:
  1. María del Pilar García de la Torre Co-director
  2. Manuel Peralbo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de xuño de 2019

Tribunal:
  1. María Isabel Vázquez Rodríguez Presidenta
  2. Sergio Santos-del-Riego Secretario/a
  3. Pilar Martínez Clares Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 591294 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A vexiga hiperactiva (VH) é unha patoloxía pouco coñecida e que se presenta en ambos os sexos, pero é máis prevalente en mulleres. Hai que distinguir entre VH e incontinencia urinaria (EU), sendo a definición da primeira entendida como un complexo sintomático que inclúe a urxencia urinaria con ou sen incontinencia, frecuencia e nocturia. Este termo de VH só pode utilizarse se non hai infección urinaria nin outra enfermidade. Padecer VH implica ver alteradas as esferas que compoñen á persoa, especialmente a calidade de vida. Por este motivo realizase este traballo, onde se investiga a relación de padecer vexiga hiperactiva co seu impacto na calidade de vida e outras variables psicolóxicas asociadas como a ansiedad e e a depresión. Pretendemos avaliar a calidade de vida nas mulleres con vexiga hiperactiva, comprobar a presenza de problemas de soño por mor de padecer VH, relación entre vejiga hiperactiva e ter ou non alteracións na función sexual, establecer un tratamento cognitivo conductual para tratar a VH e mellorar os ámbitos da vida das mulleres afectadas. Para realizar o estudo levouse a cabo unha mostraxe por cotas ou accidental entre estudantes da Universidade Senior da Universidade da Coruña nos campus da Coruña e de Ferrol, utilizando un deseño de investigación cuasiexperimental, de series repetidas interrumpidas de grupos non equivalentes. Para a análise dalgunhas das variables utilizouse grupo control. Os principais resultados mostran a efectividade do programa de intervención nas mulleres, mellorando na Vexiga Hiperactiva. Así mesmo, demostrouse a relación entre Vexiga Hiperactiva e calidade de vida, así como a súa relación con outras variables como a ansiedade, depresión e o soño, non así con outras variables como a Función Sexual Feminina ou coa idade