As formas cambiaron porque o mundo cambiouconstrución discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar

  1. Basanta Llanes, Noemi
Dirixida por:
  1. Xosé Luís Regueira Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2019

Tribunal:
  1. Gabriela Prego Vázquez Presidenta
  2. Luisa Martín Rojo Secretario/a
  3. Olga Castro Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

Esta investigación mostra, apoiándose nun corpus de datos empíricos, que as identidades de xénero e sexualidade son un produto discursivo que emerxe en interaccións orais. Aséntase sobre o marco teórico do construcionismo social e da performance para defender a complexidade intrínseca a calquera definición identitaria e a súa dependencia con respecto ao contexto interaccional máis inmediato. Argumenta que as identidades de xénero e sexualidade son plurais e que emerxen en intersección con outras -en particular, a etapa vital, a clase e a etnicidade- cando as persoas falan sobre ligar. Alén diso, aborda con especial interese a existencia de potenciais mudanzas discursivas vinculadas a cambios sociais, pois, ao estudar a relación que existe entre estes dous parámetros, é posíbel achegarse a algúns dos procesos que rexen o cambio lingüístico na Galicia das últimas décadas e que teñen impacto na construción de identidades que ilustran novos modelos de hexemonía. Por este motivo, inscríbese no proxecto de investigación “Cambio lingüístico no galego actual”, financiado polo Ministerio de Economía y Competividad (FFI2012-33845).