Explorando métodos non-supervisados para calcular a similitude semántica textual

  1. Gamallo, Pablo
  2. Pereira-Fariña, Martín
Revista:
Linguamática

ISSN: 1647-0818

Ano de publicación: 2018

Volume: 10

Número: 2

Páxinas: 63-68

Tipo: Artigo

DOI: 10.21814/LM.10.2.275 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Linguamática

Resumo

Neste traballo preséntanse varios métodos non-supervisados para a detección da similitude semántica textual, os cales están baseados en modelos distribucionais e no parseado de dependencias. Os sistemas son avaliados mediante datasets empregados na ASSIN Shared Task, celebrada conxuntamente co PROPOR 2016. Os métodos máis básicos ofrecen un mellor comportamento que aqueles, mais complexos, que inclúen información sintáctico-semántica na análise das oracións. Por último, o uso de modelos distribucionais construidos automaticamente a partir de corpus ofrece resultados comparábeis ás estratexias que utilizan recursos léxicos externos construídos manualmente.