Unha revisión dos factores de risco implicados na adicción a Internet en mozos

  1. Cristina Alonso Vilar
  2. Estrella Romero Triñanes
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Ano de publicación: 2015

Título do exemplar: O amor

Número: 8

Páxinas: 120-130

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumo

O uso abusivo da Internet emerxeu nos últimos tempos como un problema que merece atención por parte de investigadores e clínicos. O termo “adicción a Internet (AI)” acapara cada vez máis atención no mundo sociosanitario, especialmente en poboacións novas. A medida que a AI adquiriu relevancia, cobrou interese tamén o estudo de factores de risco implicados no seu desenvolvemento. Neste traballo revísase a investigación sobre estes factores. A revisión permite identificar varios núcleos de risco: trazos de personalidade (neuroticismo e apertura á experiencia); síntomas psicopatolóxicos (ansiedade, depresión e problemas de conduta); factores sociodemográficos (ser home, ter maiores ingresos); factores psicosociais (ambiente familiar e social empobrecido). Aínda que algunhas limitacións deben ser superadas na investigación futura (con máis estudos prospectivos e en contextos socioculturais máis diversos), os estudos revisados permiten identificar factores de risco que deberán ser contemplados polas estratexias de prevención.