As comisións fílmicasprimeiras pegadas da operatividade institucional na promoción de galicia como localización escénica
ISSN: 1885-6632
Año de publicación: 2005
Título del ejemplar: A formación audiovisual en galicia
Número: 3-4
Páginas: 91-98
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Estudos de comunicación
Resumen
O artigo revisa o concepto e os contextos das chamadas Comisións Fílmicas como activos públicos do audiovisual, centrándose na orixe e no desenvolvemento do fenómeno en Galicia e explorando os seus resultados na súa etapa de implantación. Sublíñase a necesidade da creación de efectos de aglomeración que permitan sustentar o audiovisual e fornecer a súa infraestrutura para que sexa un elemento dinamizador de economías locais e rexionais. Analízase, tamén, se o efecto de incentivo que xeran estes dispositivos pode en parte redirixir as políticas de subvencións das administracións públicas e a súa mellor aplicación sobre o sector audiovisual.