As publicacións locais hoxeunha breve análise

  1. Silvia López Ben
  2. Xosé López García
Revista:
Estudios de comunicación

ISSN: 1578-4916

Ano de publicación: 2002

Número: 1

Páxinas: 205-212

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de comunicación

Resumo

O Arquivo de Medio de Comunicación de Galicia, depende da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, conta cunha base de datos que pretende rexistrar tódalas publicacións periódicas que se editan actualmente na nosa comunidade. Neste momento, a partir de 720 rexistros confirmados dunha base total de 1780, podemos trazar un perfil tipo da publicación periódica galega media actual. Unha porcentaxe importante responde ás seguintes características: unha revista escolar de carácter anual, editada e subvencionada por institucións públicas e dirixida a un público universal. O perfil indica que se edita e imprime preferentemente na provincia da Coruña, dende os anos noventa, que está escrita nun cen por cen en lingua galega e que emprega un formato folio e menos de 25 páxinas de extensión. A súa distribución redúcese ó ámbito local. Este dato dá conta da importancia das publicacións educativas no panorama mediático galego, labor que lles debemos agradecer en boa medida ós equipos de normalización lingüística dos centros, que impulsan e coordinan os traballos de redacción e de impresión de revistas.