A concepción xornalística de Manuel Curros Enríquez en "La Tierra Gallega"
- Rosa Aneiros Díaz
- Xosé López García
ISSN: 1578-4916
Ano de publicación: 2002
Número: 1
Páxinas: 187-196
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudios de comunicación
Resumo
A conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez o pasado setembro de 2001 fai cobrar novo protagonismo á figura do emblemático autor celanovés. Estudios, escolmas poéticas e congresos honraron o labor dun home que dedicou gran parte da súa vida ó exercicio do xornalismo. Esta faceta, abondo descoñecida para o gran público, é abordada neste artigo que pretende achegarnos á valía profesional e coherencia ideolóxica que Curros Enríquez evidenciou ó longo da súa estratexia nos medios impresos de Galicia, Madrid e Cuba. Dada a magnitude da súa obra periodística, esta a aproximación circunscríbese a época na que o autor celanovés creou e dirixiu na Habana o semanario “La Tierra Gallega” (1894-1896). Este conciso marco temporal resulta moi significativo da súa producción e fiel reflexo da súa concepción xornalística nese momento. A idea da prensa do autor, financiamento, modelo xornalístico, liña editorial, temas, fontes e distribución son as liñas temáticas desta investigación coa que a Sección de Comunicación reitera o seu compromiso coa investigación histórica do xornalismo galego co fin de descubrimentos as claves das nosas modalidades xornalísticas.