Unha secuencia didáctica de argumentación e modelización científica sobre o virus do Ébola
- Blanca Puig
- Beatriz Crujeiras
- Jorge J. Pérez Maceira
ISSN: 0214-7807
Ano de publicación: 2014
Título do exemplar: XXVII Congreso de Enciga
Ano: 27
Número: 79
Páxinas: 49-50
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Boletín das ciencias
Resumo
Un dos problemas básicos dos currículos de ciencias sinalados por autores como Pedrinaci (2012), é, ademais de estar sobrecargados, que son demasiado académicos e non están conecta-dos coas situacións da vida cotiá. A introdución das competencias no currículo pode axudar á di-minuir estes problemas, favorecendo o uso de metodoloxías máis participativas que permitan ao alumnado practicar estas competencias e adquirir unha aprendizaxe signicativa. De todos xeitos, como indica de Pro (2012, p.61) “non se pode ensinar todo nin aprender todo”, cómpre facer unha selección dos contidos a ensinar. A ensinanza das ciencias desde un enfoque CTS chama a atención sobre a importancia de seleccionar contidos que teñan máis en conta a relevancia social dos temas, nos que as estratexias metodolóxicas estean orientadas cara o estímulo de vocacións científi cas e ao desenvolvemento de capacidades para a participación pública. Esta comunicación presenta unha proposta didáctica sobre o virus do Ébola que se sitúa nesta perspectiva de ensinanza de ciencias por competencias. Por competencia entendemos a capa-cidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñe-cementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas (Xunta de Galicia, 2007), é dicir a aplicación de coñecementos a distintas situacións. Das tres competencias científi cas establecidas en PISA (OCDE, 2008) pretendemos traballar con esta secuencia a explicación de fenómenos científi camente e o uso de probas científi cas