Ciencias en educación infantilunha experiencia con circuítos eléctricos

  1. Andrea Pérez López
  2. Angeles Vidal López
  3. Isabel García-Rodeja Gayoso
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2014

Título do exemplar: XXVII Congreso de Enciga

Ano: 27

Número: 79

Páxinas: 43-44

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

Nesta comunicación preséntase unha proposta de actividades de ciencias para educación infantil tendo en conta as achegas de autores como Arcá et al (1990), Benlloch (1992) e Eshach (2006), Harlen (1989), que fan referencia a importancia de realizar actividades onde os nenos podan construír referentes dos conceptos científi cos o poder facer observacións, predicións, inferencias, e poder discutir e intentar explicar e interpretar o que acontece nas actividades de indagación. Asemade se deseñou unha investigación sobre a implementación da proposta de actividades so-bre circuítos eléctricos (a partir da proposta de Sá et al., 1996), tomando datos empíricos do que acontece na aula para ser posteriormente analizados. A proposta de actividades sobre “Circuítos Eléctricos” foi levada a cabo no segundo ciclo de Educación Infantil nun colexio de Santiago de Compostela. A proposta foi gravada e posteriormente analizouse a implementación cunha análise cualitativa e interpretativa. O traballo pretende dar resposta as seguintes cuestións: Cales son as ideas iniciais dos nenos sobre a electricidade?; Son capaces de facer predicións sobre si distintos obxectos conducen ou non a electricidade?; Son capaces de chegar a xeneralizacións de que un obxecto conduce ou non a electricidade dependendo do material?; Son capaces de facer rexistros de observacións dos resultados experimentais?; Son capaces de facer conclusións das experiencias e probar ideas? En relación os resultados obtidos na proba inicial sobre as ideas dos estudantes sobre a electricidade sorprendeunos que algún alumno xa manexaba ideas como que os coitelos conducían electricidade porque eran de metal de xeito que algún alumno xa relaciona-ba os obxectos condutores dependendo do material co que están formados. En relación á segunda cuestión, os nenos foron capaces de facer predicións sobre os distintos obxectos sobre si condu-cían ou non a electricidade. As razóns que daban cando realizaban as predicións ían acercándose cada vez máis á relación entre o término condutor e o material do que estaba feito o obxecto. E importante sinalar que foron capaces de contrastar as predicións coas observacións e foron conscientes dos casos nos que había confl ito entre as predicións e as observacións. Case todos chegaron de xeito relativamente rápido á xeneralización de que os obxectos son condutores ou non, dependendo do material do que están formados os obxectos, “non acende a lámpada porque non é metal”, “acende a lámpada porque é metal”. Por outra banda, os nenos foron capaces de rexistrar as observacións nas táboas sen maiores difi cultades, debido á familiarización dos nenos coas táboas de rexistros noutras actividades