A figura do emprendedor e a súa conceptualización

  1. Ferreiro Seoane, Francisco Jesús
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2012

Volume: 7

Número: 2

Páxinas: 27-38

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

O emprendedor precisa ter unha visión clara dos procesos centrais de xestión e amplos coñecementos sobre a toma de decisións para poder levar adiante os seus negocios en forma proactiva. Ao longo do presente artigo desenvolverase o concepto de emprendedor desde as súas orixes e farase un repaso de todos os autores que, durante anos, foron conceptualizando o devandito termo. Desde Cantillon que é o primeiro autor que emprega o termo de emprendedor, pasando por Mill, Say, Walras, Casson, Schumpeter ou ata autores actuais como Audretsch.