Consideracións sobre a didáctica da fraseoloxía italiana a estudantes galegófonos

  1. Montes López, María
Revista:
Cadernos de fraseoloxía galega
  1. Ferro Ruibal, Xesús (dir.)

ISSN: 1698-7861

Ano de publicación: 2011

Número: 13

Páxinas: 215-226

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega

Resumo

A ensinanza do italiano como lingua estranxeira (LE) a galegofalantes debe aproveitarse nun primeiro momento da proximidade tipolóxica e cultural entre ámbalas dúas linguas para facilita-la aprendizaxe das unidades fraseolóxicas (UUFF) nos niveis iniciais. No ensino do italiano como LE, concédese unha grande importancia á lingüística contrastiva e, en particular, á lexicoloxía contrastiva. Para ensina-la fraseoloxía, os enfoques contrastivos constitúen un recurso fundamental e son imprescindibles cando se fala de dúas linguas tan semellantes como é o caso do italiano e do galego. Parece necesario incluír na formación inicial do estudante de italiano LE o coñecemento pasivo dun bo número das UUFF que forman parte da bagaxe lingüística común dos falantes dunha lingua dada.