O urbanismo na Galizade onde vimos e cara a onde imos

  1. Abel Vilela, Fernando Adolfo de
  2. Pallín Seco, Froilán
Revista:
Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

ISSN: 1136-2677

Ano de publicación: 2010

Número: 63

Páxinas: 20-21

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

Resumo

Recorda o profesor Tomás Ramón Fernández, na súa xa clásica obra "Manual de Dereito urbanístico", unha cita do libro branco inglés Land, cal é o quicio do fenómeno urbanístico como feito de relevancia social e económica. Sen reproducila na súa integridade, chega a referencia á súa primeira frase: "de todos os recursos materiais dos que se pode dispoñer nestas illas, o solo é o único que non se pode incrementar". Evidentemente, a afirmación é esaxerada, mais non por iso deixa de ser certa. O urbanismo no Estado español ten tornado nun problema nos tempos modernos, a partir da época do "desarrollismo" económico, un problema ao que non somos alleos na Galiza e que, coma se fose unha árbore perversa, veu desenvolvendo ramificacións diversas, mesmo penais. E na base do problema está a concepción do solo como un produto susceptíbel de ser transformado sen outros condicionamentos que a definición dun proceso pouco menos que industrial. Pretendemos neste breve escrito reflexionar acerca do tremendo erro que tal entendemento supón e sobre as súas gravísimas consecuencias.