Desigualdade e benestar en termos da distribución persoal da rendaa situación galega no marco do estado

  1. Troitiño Cobas, Anxela
Journal:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Year of publication: 2000

Volume: 9

Issue: 2

Pages: 199-228

Type: Article

More publications in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Abstract

Producción e distribución constitúen dous aspectos básicos da economía de calquera sociedade. Centrándonos no campo distributivo, analizámo-la desigualdade (absoluta e relativa) e o benestar, en función da distribución da renda, para a Comunidade Autónoma galega, así como a situación desta no conxunto do Estado e en relación ás restantes comunidades. A base de datos manexada é a EPF 90/91, xunto cos datos do ingreso reconstruído en Pena Trapero (1996). Aproximámo-la renda dispoñible dos fogares a través de tres variables diferentes: o gasto do fogar, o ingreso declarado e o ingreso reconstruído (IR). Homoxeneizámo--las ditas variables: a) en canto ó poder adquisitivo nas diferentes comunidades aplicando paridades de poder adquisitivo, e b) en canto ó tamaño, composición e economías de escala dos fogares aplicando escalas de equivalencia. Cuantifícase a desigualdade e o benestar-renda a través dun amplo abano de medidas, achegando resultados segundo cada unha delas para as diferentes variables. O feito de aplicar un extenso grupo de medidas permítenos observar se os resultados son unánimes (apoiados pola totalidade ou unha grande maioría dos indicadores) ou se son diferentes en función das medidas e variables seleccionadas.