As anomalías da nova política agrícola común e os seus efectos en Galicia

  1. Bastos Boubeta, Miguel Anxo
  2. Ares Castro-Conde, Cristina
Revista:
Revista galega de ciencias sociais

ISSN: 1695-6427

Ano de publicación: 2006

Número: 5

Páxinas: 23-34

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de ciencias sociais

Resumo

Este artigo analiza a evolución da política agrícola común (PAC) da Unión Europea (UE) dende unha política de garantía de prezos dos produtos agrícolas a unha política de axudas directas a un grupo social específico como son os agricultores. O obxectivo é evidenciar dous paradoxos: (1) o feito sobrevido de que unha política social, como a PAC despois da reforma de 2003, siga consumindo un grande volume de recursos financeiros do pequeno orzamento da UE, que, pese á constante ampliación da axenda política e das expectativas que a acción pública da Unión comeza a espertar nos cidadáns, non vai a medrar nun futuro próximo; 2) o conflito entre o réxime de pago único e o obxectivo de cohesión económica, social e territorial) e os efectos negativos que presentan para Galicia. Conclúese que é necesario "devolver" os compromisos adquiridos pola PAC para poder mellorar a dotación finaceira de outros obxectivos prioritarios para a UE así como eliminar os elementos regresivos da nova PAC.