A xeografía galega en construción ou a posta en valor do espazo desde a periferia

  1. Lois González, Rubén Camilo
  2. Constenla Vega, Xosé
Revista:
Revista galega de ciencias sociais

ISSN: 1695-6427

Ano de publicación: 2005

Número: 4

Páxinas: 97-108

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de ciencias sociais

Resumo

Tras longa espera, podemos consensuar que a xeografía, no contexto das ciencias sociais na Galiza, áchase nun período de auxe ininterrompido desde hai -máis ou menos- unha década. Propoñemos nesta pesquisa, indagar nos razoamentos lóxicos que nos levaron a deducir esa afirmación. Seguiremos, para isto, unha dialéctica particular, onde o contexto histórico vainos axudar a comprender certas patoloxías endémicas sufridas, e onde o espazo, como campo de estudo da xeografía, configurará as eivas fundamentais da nosa situación científica, académica e profesional na Galiza. Ademais, empregaremos unha achega imprescindibel nos estudos de base territorial : a introdución da mudanza de escalas e o seu crozamento comprarado. Pretendemos así responder a unha serie de cuestións de partida; cal é a situación da xeografía no contexto cientista internacional? e ibérico? cal foi a súa evolución? como é percibida a situación da xeografía galega nestes ámbitos? cal é a importancia do labor académico e profesional da comunidade xeográfica galega alén do noso entorno máis próximo?