Abordaxe dun caso típico de dislexia-disortografía
ISSN: 1133-911X
Ano de publicación: 2005
Número: 45
Páxinas: 161-174
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Eduga: revista galega do ensino
Resumo
Neste artigo preséntase a intervención que se levou a cabo cun escolar disléxico de 2º de educación primaria. Realizouse unha avaliación diagnóstica, estudando diferentes aspectos do escolar (evolutivos, médicos, escolares, psicopedagóxicos, familiares ...). Logo, deseñouse e aplicouse unha recuperación axustada ás necesidades educativas detectadas nese estudo inicial. A recuperación caracterizouse por unha atención individualizada, especializada e centrada na linguaxe escrita. Despois dunhas 30 sesións de recuperación, os resultados obtidos amosan que a intervención produce unha mellora significativa nas áreas de lectura e escritura, comprobándose así a eficacia do programa.