A teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais . (Para ler González-Millán)

  1. Casas, Arturo
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Ano de publicación: 2002

Número: 2002

Páxinas: 29-38

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumo

A amplia producción teórica e crítica desenvolvida por Xoán González-Millán sobre materia literaria e sociocultural manifesta unha clara continuidade en tres niveis: a elección dos seus obxectos de análise (sobre todo, a cuestión nacional, a constitución histórica dos sistemas literarios e a consideración dos elemenos de inestabilidade textual e contextual), a determinación dun programa de investigación e a convición sobre as dimensións sociais e políticas do labor científico asumido. Maila isto, a súa intervención teórico-crítica experimentou desde finais dos anos setenta unha notábel evolución que coñeceu etapas de asimilación crítica dos modelos sistemáticos e da teoría dos campos sociais, para concluir nunha aposta pola reactivación dunha teoría crítica da cultura moi pendente dos rumbos da actual socioloxía cultural. os estudos poscoloniais e os estudos sobre a subalternidade. Esta plataforma constituiría a base dunha acción planificadora de alcance global, apta para a análise da diferenza cultura e con evidente aplicabilidade ao proxecto de construción nacional galega.