Guerra e literatura no bando republicano (1936-1939)
ISSN: 1133-4533
Year of publication: 1992
Issue: 1992
Pages: 11-34
Type: Article
More publications in: Anuario de estudos literarios galegos
Abstract
O presente traballo céntrase no uso, público e privado, do galego na zona republicana durante a guerra civil española e, por tanto, nel dáse conta do apoio oficial, da presencia hemerográfica, da presencia bibliográfica e da correspondencia privada que tiveron lugar naquelas coordenadas. En efecto, o uso público do galego por parte de políticos e intelectuais na zona republicana gozou dunha certa protección por parte de organizacións e institucións diversas e provocou unha significativa presencia do noso idioma en medios radiofónicos, periódicos e editoriais, xeralmente debida ao labor de coñecidos intelectuais. Ademais, existiron publicacións peródicas especificamente galaicas de distintas orientación, mentres que do uso privado do galego quedou constancia nas lembranzas das tertulias de galegos alí trasterrados e da correspondencia subsistente.