Pequeos paises, identidade e procesos interculturais

  1. Ledo Andión, Margarita
Revista:
Revista Latina de Comunicación Social

ISSN: 1138-5820

Ano de publicación: 1999

Número: 14

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista Latina de Comunicación Social

Resumo

Se ollamos dende o cimno a paisaxe global do que chamamos Media o primeiro que tal vez observemos é o aumento de canles disponíbeis no espacio europeo, un aumento que se multiplicou por tres dende os anos 80, a década na que se vai transformar o modelo de televisión pública estatal. Esta vista de páxaro amósanos, tacén, como relevante o desenrolo das infraestructuras vencelladas á transmisión vía satélite e anúncianos a converxencia tecnolóxica que unirán o PC a TV e as Telecomunicacións en pós dun novo tipo de relación interactiva para que pasen os novos servicios que e onde radicará o valor engadido -as ganancias- da oferta multimedia que segue a nuclear a televisión. Unha televisión con outras formas de acceso diferentes a premer o botón ou zapear sen outro custo directo que o do tempo e a electricidade, unha televisión pola que haberá, puntualmente, que pagar. As audiencias iránse dividindo, díse. Haberá tantos tipos de audiencia como variacións temáticas e modos de uso da túa terminal. Chegaremos a tocar a self-made tv. Andaremos co label audiencia singular por entre unha oferta singular. E por entre esta oferta singular poderemos escoller aquela que nuns casos se presenta coa marca de "proximidade", noutros casos sob o de identidade, que ten que ver, para nós, coa identidade nacional.