A calidade de vida como factor de desenvolvemento ruralunha aplicación á comarca do eume
ISSN: 1138-2686
Ano de publicación: 2003
Número: 20
Páxinas: 1-45
Tipo: Documento de traballo
Outras publicacións en: Documentos de Traballo. Economía aplicada
Resumo
O presente documento de traballo ten por obxecto abordar a cuestión da calidade de vida como factor de desenvolvemento en áreas rurais e cidades intermedias. Neste senso consideramos que a calidade de vida é unha expresión do grao de desenvolvemento do territorio avaliable mediante os indicadores axeitados, pero tamén que a calidade de vida pode ser un factor impulsor do desenvolvemento e que, como tal, debe ser incorporado ós procesos de reflexión estratéxica locais. A tal efecto plantexamos en primeiro lugar seis pares de factores ou criterios de referencia mediante os que observar os distintos elementos e procesos que inciden na calidade de vida e establecer en que senso inflúen en esta. En segundo lugar e en base á definición dos diversos ámbitos de análise propuxemos os indicadores que permitiran avaliar a calidade de vida percibida polos residentes e establecer en que medida esta actúa limitando ou facilitando os procesos de desenvolvemento. Neste caso, ademais, ilustramos as nosas propostas cunha aplicación destes indicadores sobre un territorio real, a comarca do Eume, a efectos de aproximarnos con maior precisión a adecuación destes indicadores para os fins que nos propuxemos.