Análise e evolución da aplicación en Galicia do programa de axudas á forestación de terras agrarias
ISSN: 1132-2799
Ano de publicación: 2001
Volume: 10
Número: 1
Páxinas: 151-176
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Resumo
As medidas de forestación de terras agrarias teñen experimentado un interesante desenvolvemento dende que foran postas en marcha en toda a Unión pola reforma da PAC en 1992. O Estado Español ten sido un dos membros da UE no que estas medidas foron máis usadas, en especial se o comparamos co resto das medidas de acompañamento postas en marcha na mesma data. En Galicia tamén teñen tido unha grande repercusión, e foron de especial relevancia para o sector forestal como así o manifestan as actuais declaracións de empresas forestais en favor dunha maior dotación de fondos. Sen embargo, estas medidas foron pensadas para apoiar a política europea de axudas ás rendas agrarias que debía substituír á PAC clásica baseada no sostemento dos prezos. O presente traballo avalía a aplicación destas medidas en Galicia no período 1993-1999 analizando a evolución das distintas convocatorias de axudas e os datos de dita aplicación e forma parte da investigación encargada para o proxecto FAIR "Propiedade e Aproveitamento Comunal e as Súas Implicacións para o Desenvolvemento Rural en Áreas Periféricas" (FAIR6-PL98-4111).