A dificultade da muller para deixar de fumar

  1. Ana López Durán
  2. Carmela Martínez Vispo
  3. Elena Fernández del Río
  4. Úrsula Martínez Pradeda
  5. Bárbara Piñeiro Neiro
  6. Elisardo Becoña Iglesias
Libro:
Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015
  1. González Penín, Anabel (dir.)
  2. López Díaz, Ana Jesús (dir.)
  3. Aguayo, Eva (dir.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-694-7

Ano de publicación: 2015

Páxinas: 209-216

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Nos últimos anos estase rexistrando un incremento do consumo de tabaco entre as mulleres, así como unha maior demanda de tratamento para deixar de fumar superando xa aos homes. A finalidade do estudo foi analizar en mulleres a influencia da presenza de determinados patróns de personalidade nos resultados dun tratamento para deixar de fumar (ao final do tratamento e no seguimento de 12 meses). A mostra estivo formada por 170 mulleres que recibiron un tratamento psicolóxico cognitivo-condutual para deixar de fumar na Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Os patróns de personalidade foron avaliados co Inventario Clínico Multiaxial de Millon-III (MCMI-III). A abstinencia ao final do tratamento e no seguimento dos 12 meses foi avaliada coa medición do monóxido de carbono en aire espirado. Ao final do tratamento 104 mulleres (61,2%) deixaron de fumar. Os resultados amosaron que as mulleres que presentan un patrón de personalidade esquizoide teñen unha maior probabilidade de ser dependentes da nicotina. Respecto ao abandono do consumo de tabaco, ao final do tratamento era menos probable que deixaran de fumar aquelas mulleres que puntuaban alto no patrón esquizoide (o que se caracteriza por non necesitar do reforzo social). Sen embargo, aos 12 meses de seguimento ningún patrón de personalidade resultou significativo para explicar a abstinencia a longo prazo. A variable clave para predicir os resultados de abstinencia ao final e aos 12 meses de seguimento foi a dependencia da nicotina. Aquelas que tiñan unha maior dependencia da nicotina antes de empezar o tratamento era menos probable que conseguisen deixar de fumar. Estes resultados indican a necesidade de continuar investigando a necesidade de deseñar tratamentos para deixar de fumar específicos/adaptados ás diferentes características que presentan homes e mulleres.