Unha contribución á visibilización do traballo das mulleres nas explotacións agrarias familiaresGalicia, 1880-1930
- González Penín, Anabel (dir.)
- López Díaz, Ana Jesús (dir.)
- Aguayo, Eva (dir.)
Publisher: Universidade de Vigo
ISBN: 978-84-8158-694-7
Year of publication: 2015
Pages: 69-77
Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)
Type: Conference paper
Abstract
O obxectivo desta comunicación é contribuír a un mellor coñecemento do fundamental papel desempeñado polas mulleres galegas na reprodución das explotacións agrarias familiares. Unha mirada histórica que pode axudar a comprender o presente e, así mesmo, pon de relevo a importancia da consecución dun dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos pola ONU consistente en “alcanzar a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas”. Se consideramos o conxunto da poboación feminina galega, e non nos limitamos á consideración das integrantes das “clases medias”, destinatarias do discurso da domesticidade, temos que considerar que as mulleres galegas sempre tiveron un protagonismo destacado na vida económica do país, o que non se traduciu en melloras substanciais na súa situación de subordinación. Sabemos que as mulleres sempre xogaran na nosa sociedade agraria tradicional un papel moi activo como produtoras, e así se lles recoñecía mesmo no dereito civil de Galicia. O seu peso non fará máis que aumentar como efecto da emigración maioritaria dos varóns, o que se traduce nunha maior feminización do traballo na explotación familiar. Tamén é sobradamente coñecida a tradicional ocultación nas fontes estatísticas históricas da participación feminina no traballo agrario. Non obstante, a partir dos escritos de autores/as contemporáneos/ as comprobaremos que esta eiva se compensa coa “visibilización” que fan escritores/as, xuristas, economistas e publicistas preocupados por describir a situación da agricultura en Galicia.