Aproximacións á variación lexical no dominio galego-portugués
- Álvarez de la Granja, María ed. lit.
- Boullón Agrelo, Ana Isabel ed. lit.
- González Seoane, Ernesto Xosé ed. lit.
Publisher: Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-669-8
Year of publication: 2017
Type: Book
Abstract
Este volume reúne unha selección de nove contribucións que analizan, desde perspectivas diferentes e con metodoloxías así mesmo diversas, aspectos relacionados coa variación lexical no galego, no portugués europeo e no portugués brasileiro. Os textos comparten, ademais, outro elemento común: o feito de partiren de traballos presentados en Gallaecia - III Congresso Internacional de Linguística Histórica, que se celebrou entre os días 27 e 30 de xullo de 2015 en Santiago de Compostela en homenaxe aos profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.