A Galicia urbana
- Lois González, Rubén Camilo coord.
- Pino Vicente, Daniel coord.
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
ISBN: 978-84-9914-930-1
Ano de publicación: 2015
Tipo: Libro
Resumo
O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana.Un proceso de urbanización que non se realizou con toda a orde nin bo senso que cabería agardar, e que nos seus aspectos centrais foi obxecto de estudo por parte de arquitectos, xeógrafos, sociólogos, antropólogos, historiadores, especialistas en dereito ou no medio ambiente que, xunto a colegas doutras procedencias, investigaron as diversas faces da Galicia urbana.Precisamente, este achegamento multidisciplinar é o que se pretende reflectir no libro A Galicia urbana.