A evolución da percepción social dos trastornos da conduta alimentaria dos profesionais da saúde en Galicia
- María Antonia Arias Fernández Director
- Manuel Torres Cubeiro Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 09 de novembro de 2018
- Jorge Sobral Fernández Presidente
- Fernando Ramallo Fernández Secretario/a
- Juan R. Coca Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Este traballo expón, como froito dunha investigación multimétodo e dentro do marco da teoría sistémica, como evoluciona a percepción dos trastornos da alimentación, dos/as profesionais da saúde de Galicia. Compáranse os resultados obtidos dos estudantes de tres disciplinas (psicoloxía, traballo social e psiquiatría) cos recompilados dos/as profesionais en activo das mesmas. Descríbese como os significados asignados a estes trastornos mantéñense estables arredor das nocións de: control, tempo, obsesión e adicción. Adquirindo o discurso forma profesional paulatinamente. A percepción dos trastornos da alimentación estaría afectada por varios imaxinarios, pero mantense encadrada dentro do modelo médico, o que provoca conflitos nas relaciones entre os/as profesionais e nos roles desenvolvidos polos mesmos. Asemade, exponse a posible influencia que a percepción pode exercer sobre a práctica profesional, dada a influencia do que se denominou o paradigma do déficit e a presenza do estigma cara as persoas con este tipo de trastornos.