Museos, edificios históricos e contorna urbanao caso galego : (MARCO, Museo da Cidade Quiñones de León, Museo do Mar de Galicia, Museo Provincial de Lugo, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Museo de Pontevedra)
- Coto Orge, María del Pilar
- Juan Manuel Monterroso Montero Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 30 de maio de 2017
- María de los Reyes Hernández Socorro Presidente/a
- José Manuel García Iglesias Secretario
- Francisco Javier Pizarro Gómez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese aborda diferentes museos galegos situados en edificios históricos dende unha dobre óptica. Por unha banda, aténdese ao museo dende o seu exterior estudando a evolución histórica do seu espazo, os bens inmobles próximos ou lindeiros con este, criterios e perspectivas visuais e a situación do edificio e o carácter da súa contorna. Deste xeito, búscase comprender a implantación urbana do ben en relación coa súa interacción e diálogo cos inmobles próximos. Isto ten como fin realizar unha delimitación da súa contorna. Por outra banda, aténdese ao edificio que acolle o museo como obra arquitectónica, para o que se estuda a tipoloxía arquitectónica de cada un dos inmobles preexistentes adaptados ao novo uso museístico, a historia e características arquitectónicas destes edificios e a razón da súa elección para dedicalos a museo. O estudo da arquitectura permite reflexionar sobre o carácter da adaptación a museo do edificio histórico, os criterios de intervención e as esixencias museolóxicas.