Sobreexpresión de un gen de peroxidasa de vid como posible estrategia para la obtención de plantas tolerantes a patologías de la madera
- Sanjurjo Lourés, Laura
- Federico Pomar Co-director
- Antonio Segura Iglesias Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 04 de xuño de 2018
- José Miguel Mulet Salort Presidente/a
- Cristina Silvar Secretario/a
- Esther Novo Uzal Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A vide (Vitis vinifera L.) é un dos cultivos máis importantes a nivel mundial dende un punto de vista económico. Sen embargo, é susceptible a numerosas enfermidades provocadas por un amplio rango de organismos. Entre elas a podremia branca radicular provocada por Armillaria mellea (Vahl:Fr.) P. Kumm. e as enfermidades do tronco son particularmente severas debido a que non existen métodos efectivos de control fronte a elas. Unha nova estratexia sería a de xerar vides transxénicas con un diferente contido e/ou composición das súas ligninas para aumentar a súa tolerancia. Por iso, o obxectivo deste traballo é o de avaliar o potencial desta estratexia mediante a caracterización dun xene de peroxidasa de vide (VviPrx73) e a súa expresión en plantas de tabaco (Nicotiana tabacum L.) transxénicas para analizar os seus cambios fenotípicos. Os nosos resultados suxiren a implicación de VviPrx73 na lignificación da parede celular, sen embargo a súa expresión en plantas de tabaco transxénicas non se viu que estivese relacionada cun fenotipo de interese en termos de resistencia a patóxenos. Aparte do aumento significativo na actividade peroxidasa fronte ó alcohol coniferílico e ó sinapílico observado no apoplasto de tódalas liñas transxénicas, só se viron diferenzas fenotípicas entre unha das liñas transxénicas e o control, e estas diferenzas non parecen estar relacionadas coa presenza de VviPrx73.