Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito, unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze
- Baceiredo Pérez, Rebeca
- Luis García Soto Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 21 de xuño de 2011
- Javier Sádaba Garay Presidente/a
- Luis Rodríguez Camarero Secretario/a
- Manuel Outeiriño Vogal
- Mariano Luis Rodríguez González Vogal
- Miguel Angel Martínez Quintanar Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A posibilidade de mudar as condicións do mundo pasa por poder mudar as condicións da existencia. Se ben mudar as condicións materiais só é relativamente posible, ou posible en determinadas circunstancias, mudar as condicións ou principios internos é o que está da nosa man indiscutiblemente. Que a partir diso sexa posible incidir no contexto onde tal existencia se desenvolve é unha cuestión a formularse, ou, cando menos, a experimentar. Isto é o pulo que nos leva a definir un obxecto de estudo, que se abordará no traballo de investigación que aquí comeza. E tal tema sintetizouse ou desenvólvese en torno a unha síntese / título que é Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze. É dicir, inténtanse atopar na filosofía de Gilles Deleuze as propostas ontolóxicas e éticas que permitan unha subversión con respecto aos estados de cousas actuais, individuais e sociais, se queremos dicilo en termos máis convencionais… E tal subversión non é senón a posibilidade de estar por riba dos conxuntos molares, de superar a composición actual de modo que se apunte ao acontecemento puro, á realidade diagramática ou virtual que prefigura tales estados de cousas, sen coincidir con eles: porque estes nunca esgotan a riqueza do acontecemento do que forman parte