A dirección actoral como disciplina académicaaspectos científicos, empíricos e curriculares da formación en dirección escénica na ESADg (2005-2016)
- González Salgado, Daniel
- José Antonio Caride Gómez Doktorvater
- Manuel F. Vieites Co-Doktorvater/Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 07 von Juli von 2017
- Antón Costa Rico Präsident
- María Dolores Dapía Conde Sekretär/in
- Eduardo Pérez-Rasilla Bayo Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
A presente investigación propúxose realizar melloras na formación en dirección actoral da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia -ESADG-. Para tal fin, presentáronse tres hipóteses que indicaban que, para un óptimo desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe da dirección actoral, cumpría implantar na ESADG un ensino interdisciplinar. Para proceder á demostración das hipóteses, abordouse a disciplina desde unha perspectiva sistémica, estudando a interacción existente entre os seus ámbitos científico, laboral, político-administrativo e escolar. Co fin de recoller información sobre eses catro territorios, procedeuse a unha extensa revisión da literatura científica da dirección actoral, analizouse a documentación legal que rexeu os estudos de dirección actoral na ESADG durante o período 2005-2016 e fixéronse múltiples entrevistas a docentes e alumnado da ESADG, así como a profesionais da dirección escénica e da interpretación da Galiza. Analizada a información, atopouse que o enfoque didáctico das materias de dirección actoral ten sido coherente coas orientacións pedagóxicas establecidas polo Espazo Europeo da Educación Superior e que o alumnado consultado apoia ese enfoque. Mais tamén se encontra que a ESADG precisa mellorar a súa coordinación académica e profundar na vía iniciada hai uns anos cos traballos integrados de cuarto curso. Finalmente, logo de se demostrar a validez das hipóteses presentadas, propóñense diversas medidas para implantar un modelo de ensino interdisciplinar na ESADG, adaptando ao campo educativo catro competencias centrais da dirección actoral: liderado, didáctica, retroalimentación e influencia.