A narrativa na reconstrución do campo literario galego de posguerrarepertorios e eimaxinario nacional no proxecto de Galaxia
- REGUEIRA FERNANDEZ, MARIO IBÁN
- Arturo Casas Director
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 16 de enero de 2016
- Lourenzo Fernández Prieto Presidente
- María do Cebreiro Rábade Villar Secretaria
- Brad Epps Vocal
- María Teresa López Fernández Vocal
- Armando Requeixo Cuba Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A Guerra Civil española supón unha alteración no funcionamento dos campos literarios e das súas relacións que afecta especialmente aos territorios periféricos do Estado español. Respecto a estes ocupámonos do caso galego, un dos que experimenta un desenvolvemento peculiar, unha vez que o conflito vén cortar un proceso de emerxencia e definición das súas fronteiras no que xa se deran as primeiras loitas nun proceso duplo de autonomía. Dunha banda, unha autonomía colectiva como campo e, de outro, a autonomía individual dos axentes, frecuentemente exercida fronte aos produtores ideolóxicos da órbita do nacionalismo galego. Remontándonos ás raíces ideolóxicas deste momento histórico, ao considerar que son determinantes nas evolucións posteriores, analizamos o proceso de emerxencia editorial a partir do ano 1936 e o papel que a lingua galega e unha eventual formulación dun campo literario galego teñen nesa época. Dentro deste proceso, ten unha importancia fundamental a editorial Galaxia, que ocupa o lugar dunha produción ideolóxica posíbel baixo a ditadura, habitualmente camuflada baixo a forma de obras filosóficas, pseudo-antropolóxicas e historiográficas, así como nunha política culturalista que constitúe un novo foco ideolóxico que inflúe no campo literario cun programa repertorial moi ben delimitado. Ten un papel determinante na nosa perspectiva a renovada loita pola autonomía que os novos axentes van desenvolver neste contexto, especialmente no ámbito da narrativa, enfrontando estes postulados repertoriais e, de novo, realizando unha serie de accións que tratan de constituír e delimitar un campo literario galego como proxecto colectivo. As evolucións nos criterios de definición dese campo, e as distintas opcións de oposición respecto dun repertorio e dun imaxinario concreto por parte dos novos axentes forman tamén parte da nosa perspectiva.