Os cruceiros na relixiosidade popular galegaestudo etnohistórico

  1. Arribas Arias, Fernando
unter der Leitung von:
  1. Xaquín S. Rodríguez Campos Doktorvater

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 31 von Oktober von 2014

Gericht:
  1. Ramón Villares Paz Präsident
  2. Elena Freire Paz Sekretärin
  3. José Carlos Valle Pérez Vocal
  4. M. Yolanda Barriocanal López Vocal
  5. Xosé Manuel González Reboredo Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Os cruceiros na relixiosidade popular galega. Estudo etnohistórico. A presente tese "Os cruceiros na relixiosidade popular galega. Estudo etnohistórico," é a primeira que se realiza sobre estas manifestacións da arte a a devoción popular en Galicia tomando como ámbito de estudo os cruceiros da Terra Chá, comarca da provincia de Lugo. Dividida en nove capítulos máis un epílogo, neste traballo abordase, en primeiro lugar, o significado da palabra cruceiro, en contraposición a outros termos como cruz, crucifixo e "humilladero", para analizar a continuación a estrutura e tipos dos cruceiros galegos, así como a súa evolución estilística ao longo dos séculos, concretamente dende o período gótico ata os séculos XIX e XX. Os estudos sobre os cruceiros galegos conforman outro capítulo, nos que se analiza especialmente autores como Bernardo Barreiro Vázquez Varela, a primeira persoa que reparou na súa importancia histórica, artística e etnográfica; e Castelao, autor do primeiro traballo rigoroso sobre estes monumentos. Se ben Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros, estas construcións existen tamén noutras zonas do Estado Español, polo que resulta obrigado un traballo comparativo entre elas para ver as súas analoxías e diferenzas. Non obstante, o corpo principal desta tese se centra nos cruceiros da Terra Chá (onde inventariamos máis de 450 exemplares) tanto no estudo dos seus elementos coma nos seus motivos decorativos e iconográficos, pasando pola súa cronoloxía, orientación, etc., facendo especial fincapé nos seus autores. Nos cruceiros como símbolo para a devoción popular analizamos o concepto de relixiosidade popular, así como os rituais curativos, lendas e tradicións existentes en torno aos cruceiros, monumentos que comezan a aparecer reflectidos na pintura galega dende mediados do século XIX. Pon fin a este traballo un epílogo no que figuran unha serie reflexións sobre a orixe e a expansión dos cruceiros en Galicia, nas que se apuntan novos motivos relacionados co levantamento e espallamento destas mostras da devoción e da arte da Nosa Terra, entre as que destaca a súa vinculación á economía do país. Unha ampla bibliografía sobre estes monumentos, quizáis a máis ampla realizada ata agora, seguida varios anexos nos que se recollen as inscricións dos cruceiros chairegos, poñen fin a este traballo.